-A Concellalía anima ás tendas de Sada a informarse sobre todos os aspectos relativos a esta celebración ”que leva moi bo ritmo pois xa están inscritos máis dunha veintena de negocios” afirma Becerra.
Sada, 2 xullo 2016.
O concelleiro de Promoción Económica, Turismo e medio Ambiente, Liss Becerra, e comerciantes de Sada mantiveron un encontro na Capela de San Roque no que de definiron as liñas xerais do evento de promoción do Comercio Local que se celebrará os vindeiros 20 e 21 de Agosto na Capa Acencida instalada co gallo da Celebración das Festas de Verán detrás do edificio da Terraza.
”É fundamental para o futuro comercial de Sada que todo o tecido participe na proposición, promoción e organización de eventos. A xuntanza mantida coas empresarias e empresarios de Sada pon de manifesto a vontade que teñen de traballar xuntos con compromiso, ilusión e confianza”, declara o edil nacionalista.
O evento organízase desde o Concello coa vontade de proxectar a imaxe de Sada desde o punto de vista comercial, turístico e festivo, daí que se programe como unha actividade integrada dentro das festas de agosto coa dimensión que iso lle otorga debido ao gran número de visitantes que Sada acolle nesa época.
As inscricións pódense realizar a través do enderezo electrónico promocioneconomica@concellodesada.com, no terceiro andar do Concello ou por teléfono ata o vindeiro 20 de xullo ás 14:00 horas.
“Será un evento familiar, sen límite de idade, eminente comercial, de promoción económica e turísitica pero tamén festivo con obradoiros, baile, música e, por suposto, cos comercios de Sada que ofrecerán os seus produtos e sevizos de calidade a veciños e visitantes”
A Concellalía anima ás tendas de Sada a informarse sobre todos os aspectos relativos a esta celebración ”que leva moi bo ritmo pois xa están inscritos máis dunha veintena de negocios” afirma Becerra.