16 / XUN / 2017
Hoxe día 16 de xuño, abríronse ao baño as praias de San Pedro, Cirro, Sada Nova e As Delicias. Sendo o Concello de Sada un dos primeiros en ter operativo o Servizo de Salvamento e Socorrismo.
Durante os próximos días ampliarase a dotación de persoal con novas incorporacións ata chegar ó total de 14 socorristas repartidos entre as catro praias para ter cuberto así o servizo e dar cumprimento á normativa reguladora ó garantir que en toda posible intervención haxa como mínimo dous socorristas.
Por outra banda, o vindeiro luns instalarase na Praia das Delicias unha nova Caseta para o posto de Socorrismo dese areal e se procederá á instalación de tódalas plataformas de acceso ás praias para facilitar ó acceso ás persoas con mobilidade reducida.