Representantes das traballadores reuníronse no Concello co alcalde e concelleiras de Benestar e de Emprego e visitaron empresas locais na búsqueda de apoios ás súas demandas.
Sada, 25 febreiro 2021.
Esta mañá representantes sindicais e traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do que dependen a escola infantil Galiña Azul de Mondego ou o centro de día para maiores situado na mesma parroquia, entrevistáronse o Concello de Sada co alcalde, Benito Portela; concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez e concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, para explicar as medidas que están a levar a cabo para paralizar a oferta pública de emprego (OPE) anunciada pola Xunta, tendo en conta que non garante os seus postos aos ao redor de 1.500 empregados do organismo.
Ao termo do encontro tanto o alcalde como as concelleiras do goberno solicitaron da Xunta a búsqueda “dunha solución xusta a esta situacion provocada por adiar no tempo a cobertura de forma definitiva dos postos de traballo”
Hoxe convocouse un novo paro de tres horas (08:00-11:00) como cada xoves desde o pasado 18 de febreiro. A medida busca paralizar a oferta pública de emprego (OPE) anunciada pola Xunta, tendo en conta que non garante os postos de traballo de preto de 1.500 empregados do organismo. Aseguran que a maioría deles son mulleres que se atopan nunha situación de “fraude de lei”, dado que levan anos traballando para o Consorcio a través de contratos temporais.
Antes da reunión as traballadoras do Consorcio Galego de Benestar visitaron empresas do municipio para solicitar apoios nas súas demandas e posteriormente nunha concentración fronte ao edificio de servizos administrativos do Concello de Sada lembraron que pediron reunións para tratar o conflito coa xerencia da entidade e tamén coa Dirección Xeral de Función Pública sen obter resposta.
A oferta pública de emprego (OPE) anunciada pola Xunta, non garante os postos aos empregados actuais que levan anos traballando para o Consorcio a través de contratos temporais en residencias de maiores, centros de día, escolas infantís ou centros de atención ás vítimas de violencia e xénero.
O motivo da protesta é que hai traballadores do Consorcio que accederon aos seus postos mediante un concurso oposición que tivo lugar no 2007, que derivou na firma de contratos temporais. Nalgúns casos, ditos contratos prolongáronse durante máis dunha década. Agora a Xunta anunciou que sacará unha oferta de emprego para cubrir todas esas prazas, o que requirirá aprobar unha nova oposición.