Concello e Hostalaría deciden adiar o Outono de Tapas por responsabilidade e prevención colectiva

06 / NOV / 2020

Concello e Hostalaría deciden adiar o Outono de Tapas por responsabilidade e prevención colectiva

Dada a situación sanitaria da Comarca e ante as novas restricións vixentes a partir de hoxe, o Concello, xunto coa Hostalaría de Sada, deciden adiar a celebración do VIII Outono de Tapas por responsabilidade e prevención colectiva.

O evento, que xa fora reformulado para adecualo ao novo contexto da Covid-19, celebrarase nunha data posterior aínda por determinar que irá en función da evolución da pandemia na procura das maiores garantías para establecementos e clientela.

Desde a Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego apuntan a que a Hostalaría é un dos sectores económicos máis importantes da vila e precisa da veciñanza ao seu carón, pero, engaden, sempre desde un consumo responsable e seguro, seguindo estritamente todas as medidas sanitarias para reverter esta situación o máis axiña posible polo ben de todos e todas.

 

 

Arquivado en