SADA MOSTRA A SÚA REPULSA POLO ASASINATO MACHISTA DE VILALBA E CONVOCA A CIDADANÍA Á CONCENTRACIÓN QUE TERÁ LUGAR O MARTES 23 DE XULLO ÁS 20:00 NA PRAZA DE SAN ROQUE.
O Concello de Sada expresa a súa repulsa e conmoción e transmite as condolencias da corporación á familia da vítima de asasinato machista ocorrido onte no concello galego de Vilalba e convoca á cidadanía sadense á concentración que terá lugar mañá martes 23 de xullo ás 20:00 horas na Praza de San Roque onde se gardará un minuto de silencio.
Este é o segundo asasinato por violencia de xénero ocorrido no que de vai de ano en Galicia. No que vai de ano foron asasinadas 33 mulleres vítimas de violencia machista no estado español. Desde que hai cómputos, desde o ano 2003, María, a vítima de Vilalba, sería a muller número 1.008 asasinadas a mans das súas parellas ou exparejas.