Primeiro.- Por acordo do Pleno da Corporación do 24 de xullo de 2024 aprobouse a modificación da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación da Coruña, e no BOP número 185 de 25 de setembro de 2024 publicouse o seu texto integro e consolidado. Así mesmo, por acordo da Xunta de Goberno do 10 de outubro de 2024 aprobáronse as Bases reguladoras do Programa FOPPSS: PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2025
A dita convocatoria foi publicada no BOP número 198 do 14 de outubro de 2024 e o prazo de presentación de solicitudes finalizou o día 21 de novembro de 2024 ás 14:00 horas.
Segundo. A totalidade das solicitudes referidas nesta resolución foron presentadas dentro do prazo establecido na convocatoria e cumpren cos requisitos establecidos.
Terceiro. Na partida orzamentaria 0611/23121/46201 do Orzamento Xeral desta Deputación para o exercicio 2025, prevese crédito suficiente para atender as ditas solicitudes.
Cuarto. Constan no expediente os informes da Unidade Xestora do Programa e do Servizo de Fiscalización.
Vistos os antecedentes sinalados, así como as disposicións legais de aplicación, RESOLVESE:
Primeiro. Aprobar a concesión provisional das subvencións correspondentes ao Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no 2025 por un importe total de 8.721.843,80 €, con cargo á aplicación orzamentaria 0611/23121/46201 do orzamento 2025.
Na táboa seguinte detállanse os módulos e importes da achega provincial concedidos provisionalmente para cada entidade beneficiaria: