A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego convoca o concurso de cartaces para o 8M que ten por obxectivo principal o fomento da creatividade e da igualdade da comunidade escolar con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M.
GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTACES DO 8M
CATEGORIA A (ata 11 anos)
1º PREMIO – Jhoana Gabriela Vigo Pazos (9 anos) – CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA
2º E 3º PREMIO – Quedan desertos por non presentarse cartaces.
CATEGORIA B (de 12 a 18 anos)
1º PREMIO – Ainara Fabián Penelas (16 anos) – IES ISAAC DIAZ PARDO
2º PREMIO – Wanda Velo Díaz (12 anos) – IES ISAAC DIAZ PARDO
3º PREMIO – Noa Gabriela Gimón Correa (12 anos) – IES ISAAC DIAZ PARDO
O xurado recoñece o valor dos carteis finalistas, do alumnado participante e do profesorado encargado de supervisar e titorizar o seu traballo.
Os premios entregaránse no acto público do 8 de marzo as 12:00 horas na Casa da Cultura Pintor LLorens.
BASES REGULADORAS CONCURSO CARTACES PARA O 8M – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN SADA
Cada autor poderá concorrer cun único cartaz que deberá ser orixinal e inédito, entendéndose como tal unha obra que sexa da súa exclusiva autoría e propiedade e que non teña sido exposta nin presentada anteriormente en ningún outro certame ou concurso.
O tema a empregar deberá estar relacionado co 8M, valorando a inclusión de elementos alusivos á loita da muller polos seus dereitos.
O tamaño suxerido será o correspondente a un A4, sendo as técnicas de pintura de libre elección.
O concurso está dirixido a todos os rapaces e rapazas de Sada, menores de 18 anos, cun único traballo por autor/a.
Os traballos deberán presentarse como data límite o venres 21 de febreiro de 2025 nos centros escolares (CEIPs e I.E.S) da localidade ou ben no rexistro xeral.
O Xurado reunirase na Casa Consistorial o martes 25 de febreiro para fallar o Concurso. O xurado estará composto por un total de 5 persoas pertencentes ás áreas de Benestar Social e Igualdade, Educación, Cultura, e Xuventude do Concello de Sada.
Cada traballo debera levar ao dorso os datos do/a autor/a: Nome, apelidos, idade, enderezo, localidade, parroquia, teléfono e/ou correo electrónico.
As persoas gañadoras do concurso xunto coa imaxe do seu traballo publicaranse na web e redes sociais do Concello, empregándose tamén como imaxe da campaña do 8M. Ademáis da publicación e difusión haberá seis premios para os deseños máis valorados polo xurado. Os gañadores anunciaranse o día 26 de febrero de 2025, a través da web e redes sociais do Concello, e contactando persoalmente a través dos datos facilitados nos propios cartaces.
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases e a cesión ao Concello de Sada dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre os traballos presentados previstos na lexislación sobre a Propiedade Intelectual ou a súa edición dixital, así como a través de calquera outro medio, todo iso sen ánimo de lucro, e pola duración máxima permitida pola citada lexislación da Propiedade Intelectual.