Para celebrar o Entroido en Sada a Concellería de Cultura, Comercio e Turismo organiza un concurso de disfraces o sábado 25 de febreiro.
BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO EN SADA 2023
1/02/2023 - PUBLICACIÓN BOP DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DISFRACEZS ENTROIDO SADA 2023
FORMULARIO INSCRICIÓN
QUEN PODE PARTICIPAR?
Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, sen límite de idade.
As persoas concursantes deberán desfilar polas rúas e polo paseo marítimo de Sada segundo o percorrido que proporá a organización, amosando os seus disfraces ao público e ao xurado, exhibindo as súas coreografías e animación musical (no caso de que as teñan).
O concurso organízase en 3 categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.
COMO ME PODO INSCRIBIR?
Poderás inscribirte ou inscribir a un grupo cubrindo un formulario no que se recollerán os datos necesarios, como título do disfrace, número de compoñentes, categoría de concurso, a temática dos disfraces, os datos da persoa que actúa como representante, entre outros.
O formulario estará dispoñible o primeiro día de inscrición para cubrir directamente en liña.
Nos casos dos disfraces colectivos, no propio formulario de inscrición deberás facilitar os datos de ata un máximo de 10 participantes do grupo e designar a un deles como representante, aos efectos do cobro dos posibles premios que poidades gañar. A persoa que designedes como responsable, no caso de que gañedes algún premio deberá presentar un certificado bancario da conta na que debamos realizar o ingreso dos importes, facéndose cargo a partir dese momento da xestión do mesmo.
As formacións que necesiten música de acompañamento deberán comunicalo a través do formulario e deberán portar os seus propios equipos de amplificación ou os instrumentos necesarios.
QUE PRAZO TEÑO PARA INSCRIBIRME?
O prazo de inscrición abrirase o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e informarase dende a páxina web municipal (www.sada.gal).
O prazo de inscrición finalizará o domingo 19 de febreiro de 2023.
EN QUE CONSISTE O CONCURSO?
As/os participantes inscritas/os no concurso de disfraces achegaranse ao punto de inicio do desfile, que será anunciado con anterioridade pola organización a través da web www.sada.gal e dos perfís municipais nas redes sociais.
Unha vez iniciado o desfile, haberá un xurado que valorará os disfraces, a posta en escena en xeral e a animación festiva dos participantes.
Podedes concursar nunha destas 3 categorías:
Todas as persoas participantes menores de idade deberán contar con autorización materna/paterna ou de titor/a ao cargo. Esta condición será esixida no formulario de inscrición.
As persoas integrantes do xurado disporán do tempo do desfile para realizar a valoración dos disfraces inscritos ao concurso.
O resultado das votacións farase público á finalización do desfile, no propio lugar de finalización do percorrido, tras da suma das puntuacións recollidas nas táboas de valoración dos compoñentes do xurado.
QUEN SERÁ O XURADO E QUE VALORARÁ?
O xurado estará composto por un mínimo de 3 persoas, representantes do tecido asociativo e cultural sadense.
O xurado valorará de 0 a 10 puntos cada un destes criterios:
- Estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces e das temáticas escollidas.
- Posta en escena (acompañamento con coreografías, instrumentos, escenografía…).
- Detalles da maquillaxe, máscaras e demais complementos propios do Entroido.
- Grado de elaboración propia/artesanal.
- As carrozas e “vehículos” inscritos na categoría de carrozas valoraranse mediante os criterios anteriores que sexan de aplicación.
- Cada criterio valorarase de 0 a 10 puntos para obter unha puntuación final. Ao remate do desfile as/os compoñentes do xurado reuniranse para fallar un resultado e comunicalo publicamente.
O xurado valorará os disfraces durante o seu paso polo percorrido do desfile.
O xurado poderá descartar do concurso a aqueles participantes que exhiban condutas que poidan considerarse ofensivas, vexatorias ou ofensivas, tanto cara o público como cara a organización, entendendo por isto as condutas que violenten a dignidade doutras persoas fóra do marco de irreverencia e transgresión festiva propios do Entroido.
- MINI (dende individual ata 4 compoñentes)
- GRUPAL (conxuntos de persoas disfrazadas coa mesma temática cun mínimo de 5 compoñentes).
- CARROZAS (agrupacións con disfraces dunha mesma temática que incluirán plataformas móbiles autopropulsadas ou remolcadas, adornadas conforme á temática escollida polo grupo de participantes e relacionada cos seus disfraces).
En cada categoría outorgaremos 3 premios que serán detallados no punto 7 destas bases. Cada participante poderá concursar nunha única categoría.
PREMIOS
Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado.
Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile. As persoas e colectivos que resulten premiados deberán aportar a documentación necesaria para o cobro do importe que corresponda.
Establecemos unha compensación económica específica para a categoría de CARROZAS, co obxecto de minorar os custos derivados do combustible dos vehículos tractores, os gastos de desprazamento e o posible aluguer de plataformas remolcadas, coas seguintes condicións:
Importe máximo de 1.200 € para este concepto, a repartir entre as carrozas inscritas, sempre e cando cumpran co requisito de empregar un vehículo de tracción a motor e unha plataforma remolcada.
Cada carroza participante recibirá un máximo de 200€ por este concepto, sempre e cando cumpran co requisito de empregar un vehículo de tracción a motor e unha plataforma remolcada.
As carrozas que decoren unicamente un vehículo pero non equipen plataformas de remolque, ou ben empreguen plataformas pero non necesiten vehículo a motor para a súa mobilidade, percibirán unicamente un máximo de 100€ por este concepto.
Se polo número de inscricións recibidas superásemos o importe máximo establecido, ratearanse os 1.200 € entre o número de carrozas inscritas. 7.1. O xurado, previa xustificación, poderá declarar desertos algún ou todos os premios a conceder.
AVISO SOBRE FISCALIDADE:
Os importes correspondentes aos premios das categorías Grupal e Carrozas poderían estar suxeitos a retencións fiscais, polo que se tomarán as medidas seguintes:
BENEFICIARIAS: o premio imputarase a efectos fiscais entre as persoas beneficiarias. Entenderase que o premio será repartido equitativamente entre varias das persoas integrantes do grupo ou da carroza, ata un máximo de 10.
DOCUMENTACIÓN: cada grupo/carroza premiada deberá designar a un máximo de 10 persoas como beneficiarias a efectos fiscais e designar a unha delas como representante aos efectos do cobro de premios. No caso de obter algún premio, a persoa designada como representante deberá presentar un certificado de conta bancaria do que sexa titular, para poder xestionar a transferencia dos premios.
MENORES DE IDADE: os menores de idade que resulten premiados nalgunha categoría deberán presentar o seu DNI para a tramitación do premio. No caso de que aínda non dispoñan do documento serán as nais/pais/titores as beneficiarias do premio.