CONCURSO DISFRACES ENTROIDO SADA 2022

09 / FEB / 2022

CONCURSO DISFRACES ENTROIDO SADA 2022

A Concellería de Cultura organiza un concurso de disfraces o domingo 27 de febreiro dentro da programación do Entroido en Sada 2022 onde repartirá 4.000 euros en premios.

O concurso rexerase por medio destas BASES REGULADORAS.

INSCRICIÓN EN LIÑA CONCURSO DISFRACES

Publicacion no B.O.P. das Bases reguladoras do Concurso de Disfraces

Modificación do prazo de inscrición nas bases reguladoras do concurso de disfraces do Entroido en Sada 2022

 

Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, sen límite de idade.

As persoas concursantes deberán desfilar polo paseo marítimo de Sada segundo o percorrido que proporá a organización, amosando os seus disfraces ao público e ao xurado, exhibindo as súas coreografías e animación musical (en caso de que as teñan).

Poderase participar en 3 categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.

A inscrición poderá realizarse cubrindo un formulario no que se recollerán os datos necesarios, como título do disfrace, número de compoñentes, categoría de concurso, temática dos disfraces, etc.

O formulario estará dispoñible en liña. Tamén será posible inscribirse de forma presencial na OMIX de Sada en horario de 9:00 a 14:00h. e de 16:00 a 18:00h.

Nos casos dos disfraces colectivos, a través do propio formulario de inscrición deberase facilitar os datos de ata un máximo de 10 participantes do grupo e designar a unha delas como representante aos efectos do cobro dos posibles premios que poidan gañar. A persoa designada como responsable deberá presentar un certificado bancario da conta na que se deba realizar o ingreso do premio, facéndose cargo a partir dese momento da xestión do mesmo.

As formacións que inclúan música de acompañamento deberán comunicalo a través do formulario e deberán portar os seus propios equipos de amplificación ou os instrumentos necesarios.

O prazo de inscrición abrirase o día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia e rematará  o domingo 20 de febreiro. (ampliado ao mércores 23 de febreiro)

As participantes inscritas no concurso de disfraces achegaranse ao punto de inicio do desfile, que será anunciado con anterioridade pola organización.

Deberán desfilar polo paseo marítimo de Sada, segundo o percorrido que será indicado, amosando os seus disfraces ao público e ao xurado, exhibindo as súas coreografías e animación musical.

Haberá un xurado que valorará os disfraces e a animación festiva durante o desfile.

Pódese concursar en unha destas 3 categorías:

  • MINI (dende individual ata 4 compoñentes)
  • GRUPOS (considerarase grupo ao conxunto de disfraces coa mesma temática formados por un mínimo de 5 persoas).
  • CARROZAS (agrupacións con disfraces dunha mesma temática que inclúan plataformas móbiles autopropulsadas ou remolcadas, adornadas conforme á temática escollida polo grupo de participantes e relacionada cos seus disfraces).

En cada unha outorgaranse 3 premios que serán detallados no punto 7 destas bases. Cada participante poderá concursar nunha única categoría.

Todas as persoas participantes menores de idade deberán contar con autorización materna/paterna ou de titor/a ao cargo. Esta condición será esixida no formulario de inscrición.

As persoas integrantes do xurado disporán do tempo do desfile para realizar a valoración dos disfraces inscritos ao concurso.

O resultado das votacións farase público á finalización do desfile, no propio lugar de finalización do percorrido, tras da suma das puntuacións recollidas nas táboas de valoración dos compoñentes do xurado. O xurado estará composto por un mínimo de 3 persoas, representantes do tecido asociativo e cultural sadense.

PREMIOS

Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado.

Haberá 3 premios en metálico por cada categoría:

 

PREMIOS

MINI

(ata 4 participantes)

GRUPAL

CARROZAS

1º PREMIO

300 €

600 €

900 €

2º PREMIO

200 €

400 €

700 €

3º PREMIO

100 €

300 €

500 €

 

Os premios daranse a coñecer ao remate dos desfiles. As persoas e colectivos que resulten premiados deberán aportar a documentación necesaria para o cobro do importe que corresponda.

O xurado, previa xustificación, poderá declarar desertos algún ou todos os premios a conceder.

Os importes correspondentes aos premios das categorías Grupal e Carrozas poderían estar suxeitos a retencións fiscais

 

Arquivado en