Concurso Escaparates de Medo Sada 2021

28 / SEP / 2021

Concurso Escaparates de Medo Sada 2021

O Concello de Sada convoca a II edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.

BASES ESCAPARATES DE MEDO

FOLLA DE INSCRICIÓN

PARTICIPANTES

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciales do municipio de Sada, calquera que sexa a a actividade (establecementos de hostalaría, comercio, perruquerías, etc) que desenvolvan e que teñan escaparate con vistas ao exterior desde á rúa.

 

PARTICIPACIÓN

Prazo de inscripción, desde o 28 de setembro ao 8 de outubro.

Os establecementos interesados en participar poderán incribirse cumplimentando o ANEXO I e presentandoo en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 telemática ou presencialmente.

A inscripción é gratuíta.

 

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

Os escaparates deben estar finalizados o xoves 28 de outubro. A participación é por local, con independencia do número de escaparates dos que dispoña.

Os responsables de cada local deberán enviar unha fotografía a turismo@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para a súa promoción en redes.

O Samaín en Galiza ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos.

 

BENEFICIOS POR PARTICIPAR

As empresas participantes contarán coa promoción gratuíta nos diferentes medios de comunicación utilizados para difundir o evento do Samaín así como nas redes sociais municipais.

Fomentarase que a veciñanza tire e comparta fotos fronte aos escaparates decorados a través de premios por sorteo directo.

O Concello suministrará cartelería, elementos decorativos e doces para entregar nos comercios.

O evento contará con accións de animación de rúa en forma de pasarúas, decoración e ambientalización musical

 

ESCOLLA LOCAL GAÑADOR

O primeiro premio xerá outorgado polo xurado formado por tres representantes do Concello. Na súa valoración terase en conta:

Adecuación á temática do Samaín.

Orixinalidade e innovación nos contidos e formatos.

Aproveitamento de recursos propios.

Repercusión nas Redes Sociais.

 

PREMIOS

Primeiro premio: Diploma acreditativo, publicidade nas redes municipais e 100€ para material de escaparatismo.

Segundo premio: Diploma acreditativo e publicidade nas redes municipais e 50€ para material de escaparatismo.

Terceiro Premio: Diploma acreditativo e publicidade nas redes municipais e 50€ para material de escaparatismo.

 

OUTRAS DISPOSICIÓNS

A participación implica a aceptación destas bases, así como a resolución das mesmas. Todos os aspectos non recollidos nestas bases serán resoltos pola Organización.

Arquivado en