A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego convoca o concurso de postais de Nadal que ten por obxectivo principal o fomento da interrelación da comunidade escolar, tecido comercial e veciñanza de Sada e o fomento do galego nestos eidos a través da elaboración de postais de Nadal que serán seleccionadas polo Concello de Sada para a campaña de Nadal do presente ano.
BASES CONCURSO POSTAIS DE NADAL EN SADA
O concurso ten por obxectivo principal o fomento da interrelación da comunidade escolar, tecido comercial e veciñanza de Sada e o fomento do galego nestos eidos a través da elaboración de postais de Nadal que serán seleccionadas polo Concello de Sada para a campaña de Nadal do presente ano.
Cada autor poderá concorrer cunha única postal que deberá ser orixinal e inédita, entendéndose como tal unha obra que sexa da súa exclusiva autoría e propiedade e que non teña sido exposta nin presentada anteriormente en ningún outro certame ou concurso.
O tema a empregar deberá estar relacionado co Nadal tradicional galego, valorando a inclusión de elementos alusivos á figura do Apalpador, figura mítica da tradición galega.
O tamaño suxerido será o correspondente a un A4, sendo as técnicas de pintura de libre elección.
O concurso está dirixido a todos os rapaces e rapazas de Sada, menores de 18 anos, cun único traballo por autor/a.
Os traballos deberán presentarse como data límite o venres 9 de decembro nos centros escolares (CEIPs e I.E.S) da localidade, Omix Sada ou ben no rexistro xeral.
O Xurado reunirase na Casa Consistorial o luns 12 de decembro para fallar o Concurso.
Cada traballo debera levar ao dorso os datos do/a autor/a:
Nome, apelidos, idade, enderezo, localidade, parroquia, teléfono e/ou correo electrónico.
O xurado estará composto por personal das áreas de Educación, Cultura, e Xuventude do Concello de Sada.
As persoas gañadoras do concurso xunto coa imaxe do seu traballo publicaranse na web e redes sociais do Concello.
Ademáis da publicación e difusión haberá tres premioS sorpresa para os deseños mais valorados polo xurado.