A casa da Cultura de Sada acollerá a Conferencia de Turismo e Medio Ambiente organizada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Durante as dúas xornadas realizaranse distintas mesas de debates onde falarase do potencial turístico da Reserva dentro da provincia da Coruña, do Plan Leader 2014-2020 ou dos novos retos para a posta en valor dos recursos locais.
Ademáis darase a coñecer as distintas apostas que estanse a realizar para incentivar o turismo desde os concdellos, as oportunidades de turismo sustentable mediante a creación de Espazos Naturais de Interese Local como As Brañas de Sada e o turismo e gastronomía de excelencia na Reserva de Biosfera.
Para asistir a estas xornadas, que terán lugar de 10:00 a 14:30 horas o xoves 27 de abril e o venres 28 de abril, os interesados deben anotarse enviando un correo a info@marinasbetanzos.org ou no teléfono 981669541.
Podes consultar toda a programación aquí