O Concello de Sada publica no Portal de Transparencia as consultas públicas sobre as ordenanzas de Mobilidade, Tráfico e Seguridade Viaria e sobre o Transporte público de persoas en vehículos de turismo (Taxi).
Publicación de Ordenanzas no Portal de Transparencia
Unha vez aprobado o Plan por Resolución de alcaldía 983/2020 que recolle as necesidades postas de manifesto ben pola alcaldía, ben polas diferentes concellarías ou departamentos para a ova regulación de materias competencia do Concello de Sada ou para a realización de modificacións nalgunhas existentes, ben dunha forma puntual ou ben dunha forma substancial que se determinará cando se proceda coa tramitación de cada expediente.
Considerando que en relación a nova regulación/modificación parcial polas ordenanzas denominadas Mobilidade, tráfico e seguridade viaria e Transporte público de persoas en vehículos de turismo (Taxi) pola alcaldía elaborouse unha memoria cumprimentado os aspectos sinalados no art. 133.1 da lei 39/2015, polo que é preciso substanciar unha consulta pública, a través do portal web do Concello para recadar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados polas futuras normas.
O Concello de Sada vén de publicar ditas memorias sobre a ordenanza de Mobilidade, Tráfico e Seguridade Viaria e sobre a ordenanza sobre o Transporte público de persoas en vehículos de turismo (Taxi) para recadar a opinión, durante os próximos 15 días, dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados polas futuras normas e en especial aspectos en relación ás novas ordenanzas que se van redactar como problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, necesidade e oportunidade da súa aprobación, obxectivos da norma e posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.