O venres 5 de abril no auditorio da casa da cultura ás 17:00h prográmase o contacontos en movemento: libros e ioga! para nenos e nenas con idades de 4 a 7 anos dentro da actividade Ler Conta Moito que organiza a Biblioteca Municipal.
PRAZAS COMPLETAS
Sesión de contacontos a cargo de Árbore Azul na que as nenas e nenos aprenderán técnicas de respiración e posturas de ioga.
-Prazas limitadas.
-Terán preferencia @s soci@s da biblioteca e empadroad@s en Sada de entre 4 e 7 anos.
-A actividade realizarase no auditorio da Casa da Cultura ás 17:00 horas e terá unha duración aproximada dunha hora e media.
-A adxudicación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición ata o día 3 de abril. O formulario pecharase nesta data ás 12:00 h.
-Crearase unha listaxe de espera.
-A cumprimentación do formulario xera unha resposta automática, a cal NON confirma a adxudicación de praza. A confirmación de praza realizarase a través dun correo electrónico o día 4 de abril pola mañá.
-Actividade exclusivamente infantil (os pais non estarán na sala).