Contacontos teatral en Sada: Cueiros de cores

22 / MAI / 2024

Contacontos teatral en Sada: Cueiros de cores

O venres día 31 de maio ás 17:00 horas na Biblioteca Municipal terá lugar o Cantacontos teatral: Cueiros de cores dentro da actividade Ler Conta Moito que organiza a Biblioteca Municipal.

PRAZAS COMPLETAS

 

Actividade dirixida ós máis pequenos (de 0 a 3 anos) onde as mamás/ papás cos seus bebés, acompañarán á Ratita Faifá facendo uns doados xogos de ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar... Pero Faifá vai ter un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica... Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais coa axuda do divertido...Monstro de cores!

Ofertaranse 30 plazas. Cada nen@ virá acompañado dun adulto. Terán preferencia soci@s da biblioteca e empadroad@s en Sada.

A adxudicación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscripción. Crearase unha listaxe de agarda.

O formulario pecharase o  martes 28 de maio ás 14:00 hrs.

A confirmación de praza realizarase exclusivamente a través do correo electrónico o mércores 29 de maio.

A cumprimentación deste formulario xera unha resposta automática, a cal NON confirma a adxudicación de praza.

Se non pode asistir, avise á biblioteca coa suficiente antelación para que a súa praza pase a outra persoa.

Arquivado en