Novas convocatorias de procesos selectivos dentro do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos da Deputación da Coruña (PEL Concellos anualidade 2020) albanel e peón-condutor, dado que da tramitación duns primeiros proceso selectivos para a contratación laboral temporal de dous postos de peón-condutor e un posto de albanel (oficial de 2ª) quedaron un posto de peón-condutor deserto ao igual que o único posto convocado de albanel, polos Decretos da Alcaldía núm. 1861 e 1860/2020, convócanse novamente procesos selectivos dos ditos postos que quedaron desertos.
As bases das convocatorias serán as xerais e específicas de cada posto aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1261/2020, do 18 de xuño (BOP núm. 92, 22-6-2020).
IMPORTANTE. O prazo de presentación de instancias comenzará ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.
Para presentar instancias a través da Sede electrónica haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este achegarlle a solicitude de participación e o resto de documentación esixida.
- 09/10/2020 - Resultados do proceso selectivo dun posto de peón conductor, dentro do Programa (PEL Concellos Anualidade 2020)
- 08/10/2020 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo dun posto de peón-condutor dentro do programa de integración laboral (PEL) da Deputación da Coruña PS 42-20)
- 28/09/2020 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo dun posto de peón-condutor dentro do programa de integración laboral (PEL) da Deputación da Coruña PS 42-2020
- 10/09/2020 - Anuncio no BOP da 2.ª convocatoria de procesos selectivos para diversas categorías dentro do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos da Deputación da Coruña (PEL Concellos anualidade 2020)
- BASES ESPECÍFICAS PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 POSTO DE PEÓN-CONDUCTOR (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)
- BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE TRABALLADORES DENTRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (PEL CONCELLOS ANUALIDADE 2020)
- Solicitude procesos selectivos mod. 1-2020