Dentro da programación do FESTIVAL MAR DE MARES, Sada é sede da exposición artística SOMOS MAR II e prográmanse paralelamente varias actividades como unha conversa mariñeira, aberta ao público en xeral, que se celebrará o venres 29 de outubro ás 20:00 na cafetaría da Casa da Cultura Pintor Lloréns
Sada está a acoller a exposición artística SOMOS MAR II, dentro do programa do FESTIVAL MAR DE MARES financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur. Artistas galegos ou residentes en Galicia (Juan Lesta, Marco Maril, Ruth Montiel Arias, Raúl Álvarez, Susana Sanromán, Emile Gireau, Joseba Muruzábal, Ana María Cabanes Fontao e Xosé Iglesias) ofrécennos a súa visión do océano e a súa relación cos mares, en formatos como o vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía. O obxectivo da exposición é o de mostrar a influencia do mar na arte do noso tempo. A mostra se complementa con encontros cos artistas, obradoiros creativos e visitas comentadas.
CONVERSAS MARIÑEIRAS CON XOSÉ IGLESIAS E MANOLO PRESAS
Unha das actividades complementarias á exposición é unha conversa mariñeira, aberta ao público en xeralcon Xosé Iglesias e Manolo Presas o vernes 29 de outubro ás 20:00 horas na cafetaría da casa da Cultura Pintor LLoréns.
Xosé Iglesias é artista-poeta, pero tamén un mariñeiro. Na súa obra en Somos Mar II, imaxina e plasma graficamente a transformación do pincheiro de Muxía "Hermanos Sambad" nun fermoso cetáceo azul.
Manolo Presas é un ben coñecido patrón mariñeiro de Sada dedicado principalmente á pesca de cerco.
Ambos conversarán entre eles e co público sobre a paixón polo seu traballo e o seu respecto polo mar como fonte de vida e de inspiración, xa que entre barcos, peixe e mar acontecen mil historias non sempre contadas e que merecen ser coñecidas.
PARA QUEN: Público xeral
CANDO:29 de outubro, ás 20h
DURACIÓN: 1 h aprox.
ONDE: Cafetaría da Casa da Cultura Pintor Lloréns