21 / SEP / 2020
O obxecto das presentes bases é o de regular o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondente a prazas de educador/a social, integradas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Técnicos medios, pertencente ao grupo de clasificación A subgrupo A2 de funcionarios, e sempre e cando se requira unha cobertura áxil ou urxente para atender ás demandas de persoal.
IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse durante o prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
- 21/09/2020 - BOLSA DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO POSTOS EDUCADOR/A SOCIAL. ACTUALIZACIÓN ESTADO A 14-9-2020
- 13/07/2020 - Aprobación da bolsa de emprego para a provisión interina de postos de Educador/a social resultado do proceso selectivo PS 35-19
- 10/03/2020 - Enunciado do 1º exercicio do proceso selectivo PS 35-19: Bolsa de Emprego Educador/a Social
- 05/03/2020 - Anuncio resultados 1º exercicio fase de oposición e relación de aprobados PS 35-19
- 20/02/2020 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo 35-19, bolsa de emprego postos de educador/a social
- 26/12/2019 - Anuncio listaxe provisoria persoas admitidas excluidas PS 35-2019 Educador/a social
- 10/12/2019 -Anuncio no BOP da Convocatoria de procesos selectivos para a formación de bolsas de emprego para posibles nomeamentos interinos en postos de educador/a social (PS 35-19)
- BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSIBLES NOMEAMENTOS INTERINOS DE EDUCADOR/A SOCIAL POR OPOSICIÓN