Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala administrativa,
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición nesta ligazón ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
(Nota: de presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base sétima das específicas (cinco -5- días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cual produciuse o 6/02/2025.
As taxas serán as establecidas na base quinta das xerais para o grupo C/C1 (15 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PSB 1-2025
- 21/03/2025 - RESULTADOS DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL SUBESCALA ADMINISTRATIVA
- 10/03/2025 - RESULTADOS DO 2º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL SUBESCALA ADMINISTRATIVA (BOP núm.25, 6-2-2025)
- 05/03/2025 - Anuncio resolución alegacións ao 1º exercicio e convocatoria 2º proceso selectivo bolsa administrativo de admón. xeral
- 26/02/2025 - PUNTUACIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES QUE SUPERARON O 1º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL SUBESCALA ADMINISTRATIVA
- 26/02/2025 - PADRÓN DE RESPOSTAS CORRECTAS 1º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN (CUESTIONARIO TIPO TEST) DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL SUBESCALA ADMINISTRATIVA (BOP núm.25, 6-2-2025) DESENVOLTO O 25-2-2025
- 21/02/2025 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo PSB 1-2025: Bolsa de emprego de admón. xeral
- 06/02/2025 - BOP núm.25, Bases específicas bolsa emprego administrativo C1
- 06/02/2025 - BOP núm.25, Bases xerais para elaboración bolsas de emprego 2025