CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA

16 / DEC / 2021

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA

Sada convoca as axudas do PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA para mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica. Estas axudas están dirixidas ás persoas profesionais autónomas e ás microempresas, sustento das súas economías locais, para contribuír así á súa pronta recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico da nova era posCOVID-19.

16/12/2021 - Notificación corrección de erros no decreto 2396-2021

16/12/2021 - Notificación aprobación de pagos Lote 2.2.1 PEL Reactiva Sada

19/11/2021 - Aprobacións de pago, denegacións e emendas PEL Reactiva Sada Lote 2.2

27/09/2021 - Notificación aprobación e denegación de pagos Lote 1.1 PEL Reactiva

27/09/2021 - Notificación aprobación e pago Lote 2.1.1 PEL Reactiva

09/07/2021 - RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE CORRECCIÓN DE ERROS DA NÚM. 1516/2021, DO PELREACTIVA20. PEL-REACTIVA SADA. CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA IMPULSAR A ACTIVIDADE ECONÓMICA E O EMPREGO. FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA (PEL-REACTIVA). 

12/03/2021 - Aprobación da concesión definitiva das axudas PEL-REACTIVA SADA.

ANEXO CONTA XUSTIFICATIVA PEL-REACTIVA SADA

CARTEL XUSTIFICACIÓN PEL-REACTIVA

12/03/2021 - Aprobación da ampliación de orzamento. Axudas PEL-REACTIVA Sada

24/02/2021 - RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA. (Aprobación concesión provisional axudas PEL-REACTIVA Sada)

30/11/2020 - RESOLUCIÓN Nº 2020/38771 DE DATA 26 DE NOVEMBRO DE 2020 POLA QUE SE AVOCA A COMPETENCIA PARA MODIFICAR AS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PEL- REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

Tramite de solicitude a través da Sede Electrónica

BASES ESPECÍFICAS PARA SADA PEL REACTIVA

Publicación da Convocatoria no Sistema nacional de Publicidade de Subvencións

EXTRACTO DA CONVOCATORIA PUBLICADA O 4 NOVEMBRO NO BOP

Decreto de Alcaldía 2280/2020, do 29 de outubro de 2020, polo que se convocan subvencións para impulsar a actividade económica e o emprego.

Primeiro.–Beneficiarios.

Persoas traballadoras autónomas e microempresas que visen afectada a súa actividade pola situación orixinada pola COVID-19 nos termos previstos nas bases.

Segundo.–Obxecto.

Facilitar medios para facer fronte ás consecuencias da crise provocada pola COVID-19 e a paliar o seu impacto económico e social sobre as microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas no municipio de Sada.

Terceiro.–Bases reguladoras.

Bases específicas reguladoras das axudas dos concellos adheridos ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña. Publicadas no BOP 123, do 5 de agosto de 2020. NORMAS REGULADORAS PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES

Cuarto.–Contía.

O orzamento da convocatoria ascende a 226.411,43 euros, estando prevista unha subvención máxima de 3.000 euros por persoa beneficiaria.

Quinto.–Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día siguiente ao da publicación no BOP da Coruña do extracto da convocatoria específica do Concello. O prazo de presentacion de solicitudes finalizará ás 14.00 horas do día 25 de novembro de 2020. 

Arquivado en