A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2021-2022, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.
19/12/2023 - DECRETO RESOLUCION DA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO TRANSPORTE CO FIN ESCOLAR. CURSO 2023-2024
CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2021-2022 - ANEXO I - ANEXO II
Criterios.
Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, que será aboada en dous prazos: un 70% na anualidade 2021 e un 30% na anualidade 2022.
Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que figura a continuación (a distancia mínima para percibir a axuda é de 1 km):
– De 1 a 3 km: 50 € (por ex. Sada)
– De 4 a 15 km: 80 € (por ex. Bergondo, Betanzos..)
– De 16 a 40 km: 100 € (por ex. A Coruña..)
– De 41 a 80 km: 150 € (por ex. Santiago, Lugo..)
– Máis de 80 km: 180 € (por ex. Pontevedra, etc.)
No caso de que, a vista do número de solicitantes beneficiarios e unha vez concedidas ás axudas polos importes establecidos no parágrafo anterior, se supera a contía total fixada na Disposición Final; as citadas contías reduciranse nun 10% do seu importe, sucesivamente e ata que se de cobertura á totalidade das solicitudes presentadas.
As persoas que estean cursando estudios en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles
Beneficiario/as.
3.1.–Poderán acollerse o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse calquera dos seguintes estudios dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega:
– Educación Secundaria Adultos (ESA).
– Bacharelato.
– FP/Ciclos formativos.
– Estudios universitarios.
– Calquera estudio oficial homologado estatalmente.
Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado no Concello de Sada
b) Estar empadroado a máis de 1 km de distancia do centro de estudios.
c) Estar matriculado nun centro de ensino público.
d) En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario.
3.2.–Non poderán acollerse as persoas que se atopen nos seguintes supostos:
– Ter solicitada para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica relacionada co desprazamento ao centro de ensino, ou ben estar matriculadas en cursos onde estean total ou parcialmente subvencionados os gastos de desprazamento.
– Cursar estudios de educación primaria ou secundaria (ESO), ou Infantil (3-5 anos).
– Estar matriculados en centros privados ou públicos concertados.
– Cursar estudios con duración inferior a 6 meses.
3.3.–A efectos de dar traslado á axencia tributaria das axudas concedidas tomarase como beneficiario ó interesado/a ou o/a representante legal, no caso de minoría de idade, co seu correspondente número de identificación.
Publicación das bases e prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes, dirixidas ao Sr. alcalde e asinadas polo solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.
As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.
Documentación a presentar.
a) Solicitude en modelo normalizado, conforme ao Anexo I.
b) Certificado de conta bancaria, expedido pola entidade bancaria co nome do interesado/a ou titor/a legal.
c) Volante de empadroamento do/da solicitante.
d) Certificado de estar matriculado/a no actual curso académico 2021-2022 ou resgardo da matrícula, de cara ao 1.º prazo para a obtención do 70% da axuda.
e) Boletín de notas finais, coa data de finalización do curso (a presentar na anualidade 2022 de cara ao segundo prazo para a obtención do 30% restante da axuda).
f) Declaración xurada de que non foron percibidas outras axudas polo mesmo concepto doutros Organismos e/ou Administracións Públicas e, no caso de percibilas, contía das mesmas (ANEXO II).
Procedemento.
Baremaranse as solicitudes e elaborarase o informe-proposta para a súa concesión ou denegación en función do cumprimento dos requisitos esixidos pola Concellería delegada de Educación.
Unha vez fiscalizada pola Intervención municipal, a Alcaldía concederá as subvencións mediante acordo no que se especifique a relación de solicitantes aos que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes.
O outorgamento das subvencións notificarase aos interesados segundo o establecido nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante o prazo de un mes.
Para o cobro do 30% restante (anualidade 2022) deberán presentar antes do 31/08/2022 o correspondente boletín de notas. A non presentación desta xustificación no prazo establecido para elo suporá á renuncia a esta segunda fase da axuda.
Disposición final.
As axudas serán concedidas sempre co límite orzamentario da partida 326.48011 do vixente orzamento municipal, ampliables no caso de economía doutras subvencións destinadas á educación.