Convocatoria de ayudas económicas a los desplazamientos escolares. Curso 2024-2025

18 / NOV / 2024

Convocatoria de ayudas económicas a los desplazamientos escolares. Curso 2024-2025

A presente convocatoria ten por obxecto o regulamento de concesión directa de axudas individualizadas para colaborar nos gastos correntes dos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2024- 2025, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos. Dende a Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada preténdese incentivar a continuación de estudos non obrigatorios daquelas persoas que por circunstancias xeográficas, deben desplazarse ao non ter oferta formativa suficiente no termo municipal de Sada. Por outra banda, estas axudas posibilitan que aqueles estudantes, independentemente da súa situación económica, teñan acceso a unha educación de calidade, especialmente no caso que nos ocupa de ensinanzas non obrigatorias, onde os custes asociados son máis elevados. Estas axudas individualizadas non compensan na totalidade os gastos derivados do transporte, pero si incentivan ao alumnado para poder axudar ao esforzo económico que realizan as familias durante o curso escolar.

SOLICITANTES E REQUISITOS

Poderán acollerse o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse calquera dos seguintes estudos dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega:

  • Educación Secundaria Adultos (ESA)
  • Bacharelato
  • Formación Profesional
  • Estudos universitarios
  • Calquera estudio oficial homologado estatalmente.

Deberán cumprir ademais cos seguintes requisitos:

  • a) Estar empadroado no Concello de Sada durante a totalidade do curso escolar 2024/2025. No caso contrario poderá solicitarse a devolución da axuda.
  • b) Estar empadroado a máis de 3 km. de distancia do centro de estudos.
  • c) Estar matriculado nun centro de ensino público na modalidade de estudos presenciais.
  • d) En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario.

Non poderán acollerse as persoas que se atopen nos seguintes supostos:

  • - Cursar estudos de educación infantil, primaria ou secundaria (ESO).
  • - Estar matriculados en centros privados ou públicos concertados.
  • - Cursar estudos con duración inferior a 6 meses .

CRITERIOS

Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que
figura a continuación (a distancia mínima para percibir a axuda será superior aos 3 km.):

  • - De 3 km a 15 km.: 100 euros (por ex. Sada, Bergondo, Betanzos..)
  • - De 16 a 40 km.: 130 euros (por ex. A Coruña..)
  • - De 41 a 80 km.: 180 euros (por ex. Santiago, Lugo..)
  • - Máis de 80 km.: 210 euros (por ex. Pontevedra, Vigo etc.)

As persoas que estean cursando estudios en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles.

 

PUBLICACIÓN DAS BASES E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes asinadas polo solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.

 

IMAXES CORPORATIVAS PARA USO NA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

Logotipos Concello de Sada

 

Arquivado en