Convocatoria de subvencións a entidades para a promoción de festexos patronais parroquiais 2024

18 / NOV / 2024

Convocatoria de subvencións a entidades para a promoción de festexos patronais parroquiais 2024

O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas. Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

O período para realizar as actividades comprenderá dende o 1 de xaneiro ata o 5 de decembro de 2024.

O Concello subvencionará os proxectos que presenten as entidades e organizacións do sector cultural municipal para organizar as festas de cada parroquia, dirixidos a conseguir os seguintes obxectivos específicos, relacionados co Plan estratéxico de subvencións (PES) do Concello de Sada:

  • · Organizar as celebracións da festividade patronal de cada parroquia.
  • · Fomentar a colaboración cidadá para organizar proxectos de interese parroquial.
  • · Conservar as tradicións culturais a través dos festexos populares e das manifestacións relacionadas coa memoria colectiva.
  • · Crear eventos e espazos para a convivencia lúdica e cultural.
  • · Colaborar entre administracións e entidades que comparten obxectivos de interese xeral.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOS

As solicitudes presentaranse electronicamente conforme ao sinalado na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da súa normativa de desenvolvemento.

As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado que se atopará na sede electrónica municipal (sede.sada.gal) do procedemento dentro da familia «Subvencións, axudas e premios - Solicitude de subvencións municipais».

Para presentar a solicitude de axuda poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura que admita a sede electrónica do Concello de Sada.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais e abrirase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña. No caso de que ese día for inhábil, o prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

 

IMAXES CORPORATIVAS PARA USO NA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

Logotipos Concello de Sada

 

Arquivado en