Concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para colaborar nos gastos derivados das actividades das asociacións de nais e pais de alumnado dos centros de educación primaria e institutos de educación secundaria mantidos con fondos públicos do municipio durante o exercicio 2024. A finalidade desta subvención é potenciar actividades formativas e outro tipo de actividades de crecemento e desenvolvemento persoal baseado en valores, como complemento da educación, favorecendo a participación das familias na vida escolar. Entre os obxectivos específicos están impulsar as actividades de conciliación familiar e de encontro entre o alumnado e as familias así como favorecer a inclusión e igualdade de oportunidades entre o alumnado.
SOLICITANTES E REQUISITOS
- 1. Estar legalmente constituidas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
- 2. Ter o domicilio social no termo municipal de Sada.
- 3. Ter marcado nos seus estatutos un fin relacionado coas materias obxecto destas axudas.
- 4. Que as actividades que desenvolva sexan sen ánimo de lucro.
- 5. Ter xustificadas correctamente as axudas concedidas para o mesmo fin na convocatoria anterior.
- 6. Estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes.
É obrigatorio o cumplimento de todos os requisitos citados á finalización da presentación da solicitude. Non cumplir os requisitos dará lugar á exclusión da solicitude .
PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal (sede.sada.gal), dentro da familia de procedementos de “Subvencións, axudas e premios”
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de 15 días hábiles.
IMAXES CORPORATIVAS PARA USO NA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
- 18/11/2024 - PUBLICACIÓN NO BOP DO EXTRACTO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS ANPAS
- 12/11/2024 - Convocatoria de subvencións de concurrencia competitiva para ANPAS de centros escolares municipais 2024
- ANEXO I - BREVE DESCRICIÓN DE CADA ACTIVIDADE INCLUÍDA NO PROXECTO PRESENTADO
- ANEXO II - CERTIFICADO DA SECRETARÍA DA ENTIDADE DO ACORDO DE SOLICITUDE DA AXUDA
- ANEXO III - RELACIÓN CLASIFICADA DE GASTOS SUBVENCIÓNS PARA ANPAS