Convocatoria do proceso selectivo para 3 Postos de Peóns-operarios (PEL 2025)

11 / MAR / 2025

Convocatoria do proceso selectivo para 3 Postos de Peóns-operarios (PEL 2025)

Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base 4ª.2  e axustaranse ao modelo que está a disposición nesta ligazón ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.

(Nota: de presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)

O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base 4ª (sete -7- días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP)

As taxas serán as establecidas na base 5ª  (6 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PS 2-2025

Arquivado en