Convocatoria do proceso selectivo unitario para postos de auxiliares da Policía Local en Galicia (6 postos para Sada)

04 / ABR / 2018

Convocatoria do proceso selectivo unitario para postos de auxiliares da Policía Local en Galicia (6 postos para Sada)

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), a Xunta de Galicia ven de aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo unitario para o acceso aos postos de auxiliares de policía local.

O obxecto desta convocatoria é a selección de 109 postos de auxiliares de policía local en distintos concellos de Galicia e a creación da lista de reserva de contratación para o ano 2018. En concreto convócanse 6 postos de Policía Local para o Concello de Sada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

04/04/2018 - ORDE do 22 de marzo de 2018 pola que convoca proceso selectivo unitario e se aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local.

Arquivado en