27 / AGO / 2019
É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de persoal laboral fixo denominada Encargado de Obras e Servizos, pertencente ao Grupo IV do Convenio Colectivo, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016.(BOP A Coruña núm. 148, do 5-8-2016)
IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado