É o obxecto destas bases regular o procedemento de selección para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de postos de conserxe, pertencentes ao grupo V do Convenio Colectivo, e sempre e cando se requira unha cobertura áxil ou urxente para atender ás demandas de persoal. Agás naqueles casos nos que en virtude dunha subvención outorgada ao efecto ou outra normativa de referencia así o estableza, a presente bolsa de emprego será a canle única de selección do persoal laboral temporal para a cobertura de postos temporais de conserxe.
IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ao señor Alcalde e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de dez días naturais a partir do seguinte ao de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
- 04/03/2020 - ACTUALIZACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL CONSERXES
- 13/02/2020 - Aprobación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de conserxes derivada do PS 24-19
- 05/02/2020 - Anuncio Tribunal 5-2-2020 Relación de aprobados PS 24-19 e proposta definitiva de bolsa de emprego
- 24/01/2020 - RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS E NOVA CORRECCIÓN DO 1º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSIBLES CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS DE POSTOS DE CONSERXE
- 14/01/2020 - Anuncio resultados 1º exercicio fase de oposición PS 24-19
- 14/01/2020 - PADRÓN DE RESPOSTAS CORRECTAS 1º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO DE POSTOS DE CONSERXE
- 09/01/2020 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo 24-19, bolsa de emprego postos de conserxe
- 27/12/2019 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo 24-19, bolsa de emprego postos de conserxe
- 29/11/2019 - ANUNCIO no BOP das Bases da convocatoria para a confección dunha bolsa de emprego para posibles contratacións laborais temporais de conserxes (PS 24-19)