CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE SOCORRISTAS ACUÁTICOS

20 / XUN / 2018

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE SOCORRISTAS ACUÁTICOS

Actualizado 20 xuño 2018

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE (12) SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A UNIDADE DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO.

Obxecto da convocatoria. A selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de doce (12) prazas de socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal. As persoas contratadas prestarán os seus servizos nas praias do Concello de Sada.

IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de CINCO días hábiles que contarán a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

 

Arquivado en