19 / FEB / 2025
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para o acceso, polo sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna a unha (1) praza de persoal funcionario denominada: Inspector-Xefe, pertencente á escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala executiva, categoría inspector), grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024.
REFERENCIA DO PROCESO SELECTIVO: PS 7-2024
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
a) Denominación da praza: Inspector-Xefe
b) Grupo de clasificación: A
c) Subgrupo: A/2
d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario
e) Funcións: Ás propias establecidas pola lexislación vixente para os Corpos da Policía Local e categoría convocada e as establecidas para o posto na relación de postos de traballo.
f) Correspondencia co posto de traballo con código 020001 da RPT, ao cal se adscribirá definitivamente a persoa proposta para nomeamento ao resultar aprobada no proceso selectivo.
- 19/02/2025 - Publicación no B.O.E do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para o acceso, pola quenda de promoción interna, a unha praza de inspector da policía local incluída na OEP para o ano 2024.
- 13/02/2024 - BASES ESPECÍFICAS PARA A CONVOCATORIA PARA O ACCESO POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN EN QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA A UNHA (1) PRAZA DE INSPECTOR PERSOAL FUNCIONARIO DO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.
- BOP núm. 104 30-5-2024 bases xerais OEP 2024.