CONVOCATORIA POSTOS DO MERCADO MARIÑEIRO DAS FESTAS DO CARME 2024

18 / XUL / 2024

CONVOCATORIA POSTOS DO MERCADO MARIÑEIRO DAS FESTAS DO CARME 2024

Concello de Sada convoca a adxudicación de postos do Marcado Mariñeiro dentro dunha nova edición das tradicionais Festas do Carme. A comunidade sadense ten un pasado totalmente ligado ao mar e á pesca. É por iso que as Festas do Carme son, sen dúbida, unha das datas máis destacadas do calendario de festexos que emanan da cultura popular.

18/07/2024 - Aprobación da listaxe definitiva de participantes no Mercado Mariñeiro das Festas do Carme 2024

12/07/2024 - Aprobación da listaxe de participantes no Mercado Mariñeiro 2024 e convocatoria de prazas vacantes

APROBACIÓN BASES REGULADORAS MERCADO MARIÑEIRO 2024

ANEXO I SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

ANEXO II CRITERIOS DE SELECCIÓN

 

O sector da artesanía ten un especial porque presenta ao mesmo tempo un carácter artístico, creativo e utilitario. Os obxectos feitos a man poñen a arte ao servizo da funcionalidade e son toda unha expresión cultural. Por medio desta proposta queremos destacar o valor cultural e artístico do oficio artesán, xunto co interese público que eles mesmos suscitan e apoialo a través dunha acción de fomento.

Por todo isto, o obxecto das bases que agora se presentan é o de establecer as condicións e o procedemento de outorgamento de autorizacións para a ocupación de terreos de uso público para organizar un mercado de artesanía de temática mariñeira dentro no marco das Festas do Carme 2024 en Sada, a celebrar nas datas do 20 e 21 de xullo. O mercado instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura da zona portuaria, entre o edificio da «Axudantía de Marina» e a zona de finalización do carril bici.  

O prazo de presentación das solicitudes será dende a publicación das bases reguladoras ata as 23:59h do domingo 07 de xullo de 2024.

O persoal do departamento de cultura instruirá as solicitudes. No caso de solicitudes incompletas ou que non reúnan os requisitos establecidos, as persoas interesadas recibirán un requirimento para emendalas, dispoñendo dun prazo máximo de 5 días hábiles. O motivo deste prazo reducido é o de ofrecer un tempo suficiente ao tempo que evitar que a tramitación se demore, a fin de garantir que o procedemento se resolva cunha marxe de tempo suficiente para que as persoas adxudicatarias poidan organizarse.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Sada ou a través dos demais medios que se establecen no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.  As persoas físicas poderán presentar a solicitude de xeito presencial se así o desexan, tal como recolle o artigo 14 da Lei 39/2015.  
O resto de solicitantes deberán presentar a súa solicitude de xeito telemático a través da sede electrónica (sede.sada.gal). 

 

Arquivado en