CONVOCATORIA PRAZA DE INSPECTOR PERSOAL FUNCIONARIO DO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.

19 / FEB / 2025

CONVOCATORIA PRAZA DE INSPECTOR PERSOAL FUNCIONARIO DO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para o acceso, polo sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna a unha (1) praza de persoal funcionario denominada: Inspector-Xefe, pertencente á escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala executiva, categoría inspector), grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024.

REFERENCIA DO PROCESO SELECTIVO: PS 7-2024

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

a) Denominación da praza: Inspector-Xefe

b) Grupo de clasificación: A

c) Subgrupo: A/2

d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario

e) Funcións: Ás propias establecidas pola lexislación vixente para os Corpos da Policía Local e categoría convocada e as establecidas para o posto na relación de postos de traballo.

f) Correspondencia co posto de traballo con código 020001 da RPT, ao cal se adscribirá definitivamente a persoa proposta para nomeamento ao resultar aprobada no proceso selectivo.

 

 

Arquivado en