Selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de seis (6) postos de persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais que prestarán servizo nas praias do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal durante o verán.
O prazo de presentación das instancias (5 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
As taxas de participación son 10€ (base 5ª), contía establecida para prazas do grupo C/subgrupo C2 ou asimiladas.
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame.
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.). O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento. O dito xustificante do pagamento realizado debe aportarse coa instancia.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este achegarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
As solicitudes de participación axustaranse ao modelo Solicitude participación procesos selectivos Concello de Sada ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
-
- 13/07/2022 - Anuncio resultados Fase de Concurso PS 10-22
- 13/07/2022 - Anuncio resultados finais e relación de aprobados PS 10-22
- 12/07/2022 - Listaxe definitiva p. selectivo para persoal auxiliar de información e primeiros auxilios PS 10-22
- BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE SEIS (6) POSTOS DE PERSOAL AUXILIAR DE INFORMACIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA OS POSTOS DE SOCORRISMO NAS PRAIAS
- 30/06/2022 - Anuncio no BOP da Convocatoria de proceso selectivo de persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais
- Solicitude participación procesos selectivos Concello de Sada