CONVOCATORIA PUESTOS MERCADO MODERNISTA 2024

22 / XUL / 2024

CONVOCATORIA PUESTOS MERCADO MODERNISTA 2024

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento, criterios de valoración e condicións para o outorgamento de autorizacións para ocupar en espazo público os postos para exercer a venta ambulante dentro do mercado da XIII Feira Modernista de Sada.

22/07/2024 - RELACIÓN DE PERSOAS AUTORIZADAS PARA PARTICIPAR NO MERCADO MODERNISTA DA XIII FEIRA MODERNISTA DE SADA

Bases reguladoras da participación no Mercado Modernista 2024

ANEXO I - SOLICITUDE POSTO MERCADO MODERNISTS

ANEXO II - CRITERIOS SELECCIÓN MERCADO MODERNISTA

 

A Concellería de Cultura pretende con esta convocatoria ofertar publicamente 25 postos no mercado, cos seguintes contidos:

  •  23 postos de venda de produtos de artesanía
  •  1 postos destinado a restauración e coctelería modernista.
  •  1 posto destinado a repostaría.

O Mercado Modernista proponse como elemento reforzador da oferta de contidos culturais e de lecer do programa da XIII Feira Modernista, a celebrar os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo.

Serán admitidas as solicitudes de persoas físicas e xurídicas que teñan capacidade de obrar no ámbito da venda ambulante, que se comprometan a ambientar e decorar os seus postos con elementos que permitan evocar os principios estéticos do movemento artístico modernista, ou ben a recrear a época e costumes sociais contemporáneas ao mesmo. As persoas que realicen a venda ao público nos postos que sexan autorizados deberán caracterizarse e empregar unha vestimenta que axude a recrear e evocar a época e os principios estéticos do movemento modernista.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poderán presentar solicitude de participación as persoas físicas ou xurídicas que acrediten o desenvolvemento da actividade de venda de produtos artesanais ou de venda polo miúdo. Para acreditalo deberán estar dados da alta no IAE (modelo 036) en calquera dos epígrafes que lle permita a venta de produtos artesanais ou o comercio minorista e cumprir cos requisitos legais para realizar a súa actividade. As persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos esixidos na Ordenanza municipal reguladora da venda ambulante, que se detallan na base 6.
Ademais, no caso de que se reciba un número de solicitudes superior ao número de postos convocados, as solicitudes deberán pasar un proceso de baremo e selección, aplicando os criterios descritos no punto 8 destas bases.

COMO SOLICITAR POSTO?

As solicitudes poderán presentarse por medios electrónicos a través do procedemento de «solicitude xeral» que se atopará na sede electrónica municipal (sede.sada.gal), anexando tanto o modelo de inscrición específico do Mercado Modernista (ANEXO I) como a documentación requirida na Ordenanza municipal reguladora da venda ambulante, que se detalla na base 6. As persoas físicas poderán escoller en todo momento si se comunican coas Administracións Públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non. Pola contra, deberán obrigatoriamente presentar por medios electrónicos as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas que actúen na súa representación (artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). O prazo abrirase a partir do día seguinte ao da publicación destas bases na web municipal (www.sada.gal) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica (sede.sada.gal), onde tamén se publicará a lista de persoas admitidas e excluídas. 

O prazo de solicitude será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das bases reguladoras. 

Arquivado en