10 / OUT / 2024
O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2024-26. En canto ás subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar, e deporte inclusivo
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA SUBVENCIÓN PARA ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2024.
EXTRACTO DEL ACUERDO DE 29/06/2024 DEL PLENO DE LA CORPORACIÓN POR EL QUE SE CONVOCAN LAS SUBVENCIONES DIRIGIDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS PARA EL EJERCICIO 2024
ANEXO I – ENTIDADES DEPORTIVAS - MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANEXO II – ENTIDADES DEPORTIVAS. CERTIFICADO DO ACORDO DE SOLICITUDE DA AXUDA. DECLARACIÓNS RESPONSABLES
ANEXO III – ENTIDADES DEPORTIVAS – RELACIÓN CLASIFICADA DE GASTOS. MEMORIA ECONÓMICA
Primeiro.- Beneficiarios: Entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de de Sada, coa documentación actualizada
Segundo. Obxecto: Gasto corrente en actividades deportivas
Terceiro. Bases reguladoras: Bases reguladoras das subvencións dirixidas a entidades deportivas para 2024, aprobadas por acordo do Pleno da Corporación en sesión celebrada o 26/09/2024 e publicadas no BOP A Coruña o 07/10/2024
Cuarto. Contía: Destínanse 80.000 euros ás subvencións par actividades deportivas con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes:
- Apertura do prazo de solicitude: 11.10.2024
- Finalización do prazo de solicitude: 25.10.2024 ata as 23:59h (15 días naturais)