-A Biblioteca Municipal abrirá en horario de 16:00 a 22:00 horas polas tardes no mes de xullo.
Sada, 1 xullo 2016.
A Concellería de Cultura e Praias, xestionada polo socialista Marcos Villar, ven de presentar o proxecto Aulas de Verán 2016 polo que o horario da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo ampliarase polas tardes no mes de xullo.
Nos últimos anos a Biblioteca Municipal permanecía pechada polas tardes no mes de xullo. “Temos constancia, sinala Villar, da demanda sobre todo de estudiantes, que solicitaron a apertura polas tardes da Biblioteca e os sábados pola mañá, polo que realizamos un proxecto de horarios para este mes que contempla a apertura ata as dez da noite da Biblioteca”
O horario de tarde desde mes de xullo da Suárez Picallo será de 16:00 a 22:00 horas de luns a venres e o sábado de 9:00 a 13:00 horas. Para levar a cabo este proxecto a concellería contratou unha auxiliar de biblioteca.