-A concellaría de Cultura e Praias, xestionada pola concelleira socialista María Pardo, e Cruz Vermella está a levar a cabo un proxecto de vixilancia ambiental na costa sadense unindo esforzos para colaborar na limpeza dos nosos areais.
-A segunda saída ambiental, que se realiza coa colaboración voluntaria de diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas do concello que traballarán para alcanzar un éxito organizativo e de resultados, será o 7 de maio na Praia de Lourido en Carnoedo e comezarase tamén a limpeza dos areais de San Pedro e Cirro en Veigue.
- Na primeira saída merece mención especial a colaboración da Asociación Galega de Historia Natural, que participou na primeira saída e ofrecerá información e coñecementos sobre a flora e o equilibrio medioambiental dos ecosistemas costeiros da localidade e do club Salvamento SASA que colaborou con numerosos deportistas e familias na limpeza dos arenais de Arnela e Morazón.
- Álbum fotos do Club SASA Salvamento Acuático
Sada 26 abril 2017.
Para concienciar sobre a necesidade do coidado do noso entorno e manter as nosas praias no mellor estado posible, Cruz Vermella de Sada e a Concellería de Cultura e Praias, xestionada pola socialista María Pardo, impulsan unha campaña de limpeza dos areais que se organizará en varias intervencións entre os meses de abril e xuño.
Estes espazos naturais de grande interese paisaxístico e biolóxico sofren o impacto do uso recreativo que na nosa sociedade se lle da a través dunha afluencia en masa, o que supón un considerable impacto medioambiental. Por outra banda, as costas recollen todo tipo de obxectos que o mar deposita día a día, e que afectan ó normal uso dos areais por parte dos potenciais usuarios.
O proxecto que se iniciou o pasado luns 1 de maio na Praia de Morazón e de Arnela, deriva do programa de seguimento de lixos mariños do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente para previr e reducir as verteduras ao medio mariño, para velar por que non se produzan impactos ou riscos graves para os ecosistemas mariños e para garantir que as actividades e usos no medio mariño sexan compatibles coa preservación da súa biodiversidade.
Entre os obxectivos das xornadas, ao que poderanse apuntar todos os interesados que o soliciten, atópanse a vixilancia de lixos, a sensibilización e educación ambiental na praia e a limpeza das calas e areais clasificando o material recolleito por categorías.
As accións centraranse nas praias “non urbanas”, posto que nestas últimas o acceso permite un sistema de limpeza mecanizado que xa está operativo e con continuidade.
VOLUNTARIADO VECIÑAL
A campaña terá lugar coa colaboración voluntaria de diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas do concello que traballarán para acadar un éxito organizativo e de resultados.
O proxecto, iniciado o ano pasado, ten como unha das súas prioridades a mobilización da participación veciñal. De feito, desde a organización quere transmitirse o agradecemento pola resposta e apoios recibidos ata o momento, e traballan para confirmar novas incorporacións. Ademais, por primeira vez conseguiuse o compromiso do tecido empresarial, con varias entidades que están a difundir a iniciativa entre os seus equipos de empregados, motivo polo que agardamos que proxectos como este se consoliden no tempo e aumenten o cariño da cidadanía polos nosos enclaves naturais.
Na primeira saída merece mención especial a colaboración da Asociación Galega de Historia Natural, que participou na primeira saída e ofrecerá información e coñecementos sobre a flora e o equilibrio medioambiental dos ecosistemas costeiros da localidade e do club Salvamento SASA que colaborou con numerosos deportistas e familias na limpeza dos arenais de Arnela e Morazón.
Os materiais que se recollerán nos areais serán plásticos, metais, vidro, cerámica,goma, roupa, papel, madeira ou distintos residuos hixiénicos sanitarios. A duración aproximada desta actividade será de tres horas.
As próximas saídas ambientais levaranse a cabo nas seguintes semanas. Así o 7 de maio terá lugar a limpeza na Praia Lourido e iniciarase tamén a limpeza das praias de Cirro e San Pedro.