-O premio á mellor fotografía do xurado correspondeu á instantánea "O Solpor" realizada por Francisco Salvado Ferro. Pola súa banda o premio do público, saído dos "Me gusta" dos usuarios do facebook de Cultura outorgou o primeiro premio a Anxela Trillo Calo pola súa fotografía "Lóstregos Navais".
-Os barcos gañadores desta edición foron a Motora CAYO LONGO de Teresa Bretón Roca e o veleiro NON PROBLEM de Gerardo Lugrís Ríos.
Sada, 24 xaneiro 2017
A concelleira de Cultura de Sada, María Pardo, e o director do porto deportivo de Sada, Juan Prieto, entregaron esta tarde os premios do concurso de fotografía Un Mar de Luces.
Os concursantes participaron colgando as fotografías dos barcos engalanados no facebook da concellaría de Cultura ata o 7 de xaneiro, posteriormente os usuarios da rede social emitiron o seu voto das mellores fotografías dándolle a "Me gusta" en cada unha delas sendo premiada ademais outra fotografía por un xurado.
O premio á mellor fotografía do xurado correspondeu á instantánea "O Solpor" realizada por Francisco Salvado Ferro. Pola súa banda o premio do público, saído dos "Me gusta" dos usuarios do facebook de Cultura outorgou o primeiro premio a Anxela Trillo Calo pola súa fotografía "Lóstregos Navais". O premio, unha viaxe en barco pola ría de Sada para 10 persoas para cada un dos gañadores.
Previamente, o pasado 4 de xaneiro, unha comisión decidiu por votación o barco mellor adornado destacando a complexidade do adorno; efectos visuais, orixinalidade e destaque das luces a distancia. Os gañadores desta edición foron a Motora CAYO LONGO de Teresa Bretón Roca e o veleiro NON PROBLEM de Gerardo Lugrís Ríos.