30 / SEP / 2019
Desde a concellería de Cultura estase a promocionar as distintas actividades tradicionaiss programadas para este curso polas asociacións sadenses.
Deste xeito asociacións como A Meda do Castro, Queiroa, Nova Troula ou Os Patexeiros están a programar actividades culturais e de lecer como clases de baile, canto, pandeireta, acordeón, violín, guitarra, percusión tradicional, iniciación ao folclore ou carpintería de ribeira.
Máis información en cada un dos carteis das actividades