A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo pon a disposición de todos os usuarios e veciños/as diversos cortes de audio extraídos dunha charla que Manuel María impartiu no mes de maio de 1999 na citada biblioteca.
Naquela ocasión o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras, participou nunha iniciativa para promocionar a lectura a través dunha campaña organizada pola Xunta de Galicia.
Os nenos de 6º de EGB de Mondego baixaron aquel día á Biblioteca Municipal para escoitar ao outeirán disertar sobre Lugrís Freire e Suárez Picallo (por ser como dicía Manuel María "dous persoaxes importantes que deu esta terra de Sada"), da importancia da escritura, de Rosalía de Castro, do idioma, de Saramago, da Xeración Nós ou da gran poesía de Celso Emilio Ferreiro.
Pulsando sobre cada corte de audio pódese escoitar o que un día de maio de 1999 Manuel María explicaba aos escolares sadenses.
Audio 1 - Audio 2 - Audio 3 - Audio 4 - Audio 5 - Audio 6- Audio 7 -Audio 8