CURSO DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

09 / ABR / 2019

CURSO DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

Tal e como estaba previsto no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local desta deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP)

ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (RD 1522/2011, de 31 de octubre)

 

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria, para a zona centro_norte en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).

A data de inicio, prevista para mediados de maio, será comunicada ao longo do proceso de selección.

xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente, é en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carnet C e o CAP, xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

INSCRÍBETE NA AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL. O prazo de inscrición péchase o próximo MARTES 30 DE ABRIL ás 14:00 horas.

Máis información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local

 

Arquivado en