Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes

04 / MAI / 2017

Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes

O Concello de Sada a través da Concellería de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, organiza dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego un Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes

Obxectivo: mellorar as competencias básicas e a empregabilidade das persoas participantes a través do desenvolvemento de actuacións dirixidas e centradas na exploración e observación do usuario/a, a administración de medicamentos, a preparación do usuario para a súa deambuación, mobilización ou traslado, o coñecemento de técnicas de limpeza e eliminación de residuos sanitarios respectando as normas de Prevención de Riscos Laborais vixentes.

Datas: Do 18 maio ao 22 de xuño de 2017

Horario: Martes de 18:00 a 20:30 h., mércores de 16:00 a 20:30 h., xoves de 18:00 a 20:30 h. e venres de 16:00 a 18:00 h.

Lugar: I.E.S. Isaac Díaz Pardo (Rúa Lagoa, 19)

Duración: 60 h.

Prazas: 15

Custo: GRATUITO

Prazo de inscrición: Ata o xoves 11 de maio ás 14:00 h. - Preme aquí para facer a inscrición en liña

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Sada e as que estean en situación de desemprego.

Arquivado en