Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Inscricións no Concello de Sada, na Axencia de Emprego e Desenvolvmento Local (AEDL), teléfonos 881 92 90 57 / 981.620.493
O Concello de Sada, a través da AEDL da concellería de Urbanismo e Emprego, abre a inscrición dunha acción formativa acreditada para a que se expedirá o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 3 logo de cumprir os prequisitos previstos no itinerario.
Obxectivos
Mellorar a formación e a empregabilidade de persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos empadroadas nos municipios obxecto de actuación, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Mellorar o nivel de competitividade laboral dos/as mozos e mozas das zonas rurais a través da formación para a inserción laboral.
Adecuar o perfil da mocidade desempregada ás necesidades actuais do mercado laboral provincial.
Dar resposta ás necesidades locais xeradoras de emprego detectadas a través da participación da rede de técnicos de emprego e desenvolvemento local e orientación laboral dos concellos que conforman o ámbito de actuación do proxecto.
Cómo se desenvolverá o proxecto:
Dende este proxecto, e co deseño das súas actuacións pretendese facilitar o conxunto de competencias persoais e profesionais con significación para que a mocidade desempregada ocupe postos de traballo cualificados na súa contorna de vida.
A acción formativa que se realizará de forma presencial, e desenvolverá todos os módulos formativos incluídos no certificado de profesionalidade de referencia, xunto a formación transversal e complementaria formulada como obrigatoria, diríxese a un total de 15 participantes por cada edición, e cada unha delas desenvolverase nunha zona concreta do territorio provincial de A Coruña.
Formación Complementaria:
- Sensibilización en igualdad de oportunidades
- Formación en idiomas: Ingles A1/A2
- Fomentos das novas tecnoloxías da información e comunicación
- Alfabetización Informática: Informática e Internet
- As redes sociais, ferramenta para a busca de emprego
- Orientación: Entreno e desenvolvementode competencias multifuncionais para o emprego
Inscricións:
As persoas interesadas poden isncribirse no Concello de Sada – Axencia de Emprego e Desenvolvmento Local (AEDL), teléfonos 881 92 90 57 / 981.620.493
Prazo de inscrición ata o 13 de novembro