Desde a Concellaría de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, ponse en marcha unha acción formativa dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego 2018, Curso de mantemento de embarcacións, co obxecto de capacitar ao alumnado cos coñecementos teórico/prácticos necesarios para o coidado, reparación e mantemento de barcos.
Sada 9 xaneiro 2018
Con este curso de 200 horas preténdese formar a un máximo de 15 persoas nunha profesión relacionada co sector náutico de recreo co fin de que adquiran coñecementos e capacidades para desenvolver este traballo de mantemento de embarcacións xunto con coñecementos de PRL no sector marítimo, primeiros auxilios no mar, licenza de navegación e actividades prácticas con embarcacións.
- Dirixido a: Persoas desempregadas do Concello de Sada
- Duración: 200 h.
- Lugar: Porto Deportivo de Sada
- Datas: de luns a venres do 29/01/2018 ao 23/03/2018
- Horario: de 16:00 a 21:00 h.
- Inclúe licenza de navegación (1 sábado pola mañá)
Para inscribirse ao curso, só ten que cubrir o seguinte formulario ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150
Prazo ata o venres 19 de xaneiro ás 14:00 h.