Curso de monitor de fútbol base en Sada

04 / MAR / 2016

Curso de monitor de fútbol base en Sada

O alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de deportes, Zeltia García, presentaron xunto ao presidente do Raio Sadense, Jesús Lestón, e ao representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, o curso de monitor de fútbol basee que se realizará en Sada do 15 de marzo ao 23 de maio. 

A Federación Galega de Fútbol,  coa autorización da RFEF e a través da Escola Nacional de Adestradores, convoca o Curso Federativo de MONITOR DE FÚTBOL BASE, que se celebrará en Sada os meses de marzo, abril e maio coa colaboración do Concello de Sada e o Rayo Sadense.

 

Información do Curso.

Formulario de Matrícula

Cartel do Curso

O  obxecto da convocatoria é completar a formación de Monitor de Fútbol Base, mediante os ensinos conducentes á obtención do Diploma Federativo. Este curso ten por finalidade proporcionar aos alumnos a formación que garanta adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, utilizando os medios materiais e humanos que dispón a Federación Galega de Fútbol.

Os alumnos que finalicen o curso, posuirán coñecementos xerais actualizados no referente ao adestramento do fútbol de base. Este diploma acredita para adestrar equipos federados até a categoría cadete (excepto as ligas división de honra cadete, liga galega cadete e liga galega infantil, onde será necesario a partir da tempada 2015/2016 o Nivel

O curso conduce á obtención do diploma federativo de “Monitor de Fútbol Base”, especialidade de Fútbol, avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF, que á súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o Curso de Nivel 1 Federativo Instrutor de Fútbol Base.

En canto aos ensinos, dentro das áreas comúns, estarán compostas por módulos transversais de carácter científico e técnico en xeral, que serán coincidentes e obrigatorios para todas as modalidades e especialidades deportivas.  As áreas específicas  conterán os módulos de formación deportiva de carácter científico e técnico propios das especialidades de Fútbol Base.

Para poder acceder a este curso será requisito ter  16 anos cumpridos, efectuar a inscrición durante o período aberto que será do 25 de Febreiro até o día do inicio do curso que será o  15 de marzo e abonar a inscrición que é de 150€. En total ofértanse 35 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

O curso levará a cabo os martes e xoves de 20:00 a 23:00 horas na Cámara Agraria de Riobao e as prácticas no campo de fútbol As Mariñas-Andrés Pena. As horas lectivas completaranse con algún día adicional que se fixará o primeiro día de clase. A obtención do Diploma Federativo de MONITOR DE FÚTBOL BASE, requirirá a avaliación positiva das distintas áreas e materias de que consta o Curso e requírese a asistencia ao 80% das sesións presenciais. En caso de non aprobar unha ou máis materias, o alumno poderá presentarse a exame nunha convocatoria extraordinaria fixada polo Centro Federativo convocante.

 

Arquivado en