09 / FEB / 2018
A formación de 10 h. de duración estará impartida por Francisco Otero Otero, Enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e consta de dous partes, unha teórica na que se abordarán os aspectos básicos, en horario de 18:30 a 21:00 h. e outra práctica dedicada a pódaa de 16:00 a 18:30 h. Celebrarase os días 19, 20, 21 e 26 de febreiro de 2018.
O obxectivo desta acción formativa é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar pódaa de árbores froiteiras e kiwis.
Prazas: 25. Todas as persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través do teléfono: 881.929.057 ou na ligazón: https://goo.gl/forms/4lCzlGQuFlzEJqax1
Prazo de inscrición ata o venres 16 de febreiro ás 14:00 h.