A Concellería de Emprego do Concello de Sada, impulsa unha acción formativa de Atención á Clientela, para persoas desempregadas do municipio. Dita acción formativa, enmárcase dentro do programa do Plan de Formación Municipal para o Emprego 2016 do Concello.
Cartel Curso Técnicas de Información e Atención á Clientela
Un total de 12 persoas participarán nesta acción formativa que terá unha duración de 105 horas (25 h. de teoría e 80 h. de prácticas) e que se prolongará dende o 27 de xuño ata o próximo 1 de Agosto.
Así mesmo, o Concello de Sada conta cunha empresa de recoñecido prestixio na cidade da Coruña para que as 12 persoas participantes na acción formativa poidan realizar prácticas non laborais nas súas instalacións. Esta formación trata de conseguir a mellora da capacitación profesional das persoas participantes no aprendizaxe dunha profesión con demanda no mercado laboral.
As persoas interesadas en participar na acción formativa deberán cumprimentar e enviar solicitude ata o día 15 de xuño, que poden conseguir premendo aquí ou poñéndose en contacto coa Axencia de emprego e desenvolvemento local no seguinte número de teléfono 881.929.057 / 981.620.075