A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso de alérxenos gratuito onde terán preferencia na inscrición as persoas empadroadas en Sada.
Formación para a implantación do Regulamento (UE) Nº 1169/2011 sobre declaración de alérxenos, de interese para as persoas que traballen no sector da alimentación de Sada (restaurantes, peixerías, panadarías, carnicerías, etc?..) coñezan este novo requisito legal, as súas esixencias e o modo de levar a cabo unha adecuada implantación.
Coa aprobación do Regulamento -UE- nº 1169/2011, búscase igualar en dereitos ás persoas alérxicas e intolerantes, ao resto. Mediante a nova regulamentación preténdese facilitar a información dos alimentos con alérxenos para que calquera cidadán saiba que pode comer ou que non pode comer, en igualdade de condicións que outra e sen ter que identificarse nin pedir trato especial. En definitiva, todo prato/alimento que sirvamos/vendamos e que conteña alérxenos, deberá contar coa información adecuada.
Tal como está exposto no regulamento, a presenza non declarada dun alérxeno nun alimento, considérase un perigo alimentario comparable coa presenza dunha salmonela. Como consecuencia, e segundo a lei vixente, dunha mala praxe neste senso pódense derivar responsabilidades penais (prisión, multas e inhabilitacións para profesión, oficio, industria ou comercio, segundo os casos).
Data e hora: venres 15 de marzo de 2019 de 09:30 a 14:00 horas.
Lugar: Sala de conferencias da OMIX, Pz. Pescadería, s/n
Para realizar o curso, só tes que cubrir o seguinte formulario de inscrición ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620 765 150
Prazo: ata o mércores 13 de marzo ás 12:00 h.
Prazas: 25 persoas
Selección: Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada
Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello (Plan FORME)