O Concello de Sada, dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), organiza unha nova acción formativa de Manipulador de Alimentos, dado o número de persoas interesadas no mesmo
Sada 13 novembro 2017
A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un Curso de manipulación de alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral.
O obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade, e para:
- Concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos
- Coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias
- Saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos
- Realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalacións
- Levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta
- Adquirir os coñecementos básicos do Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo
- Cumprir e coñecer a lexislación sanitaria vixente referente aos manipuladores de alimentos
Data e hora: mércores 29 de novembro de 2017 de 10:00 a 13:00 horas
Lugar: Sala de conferencias do local da OMIX, Praza da Pescadería, s/n
Duración: 3 horas.
Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello
Para inscribirte ao curso, só tes que cubrir o seguinte formulario
Ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150
Prazo ata o luns 27 de novembro ás 14:00 h.