20 / MAR / 2019
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso GRATUITO de prevención de riscos laborais.
Contido adaptado ao establecido no V Convenio Xeral do Sector da Construción e no Acordo Estatal do Sector do Metal.
Duración: 60 h.
Datas: do 25 de abril ao 16 de maio.
Horario: de 9:30 h. a 13:30 h.
Lugar: Hotel Alda Sada Marina
Imparte: Gálica S. Coop. Galega
Prazo para realizar a inscrición: ata o luns 22 de abril ás 12:00 h.
Pode cubrir o seguinte formulario ou chamar ao 620.765.150 / 881.929.057
Prazas: 25
Selección: terán preferencia as persoas empadroadas en Sada
GRATUÍTO!. Plan de Formación Municipal para o Emprego do Concello de Sada (FORME)